|
| NOVIDADES DO CONCELLO DE TORDOIA | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Seguinte » |
Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA (A Coruña)
Persoas Beneficiarias:
Prazo:
Información Servizos Sociais Municipais e Secretaría Xeral de Inmigración da Xunta de Galicia ( Servizo de Información e Tramitación de Subvencións: tel. 981547271). |
|
| Administrador | 2012-05-02 | .: ampliar | |
Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA (A Coruña)
DESTINATARIOS:
Datas:
Prezo: 80€ Tordoia a 24 de abril de 2012 ... |
|
| Administrador | 2012-05-02 | .: ampliar | |
|
||
O Concello de Tordoia acomete desde a semana pasada os traballos precisos para a humanización da contorna do Centro Multiusos que está situado na Pontepedra. Cun importe ao redor dos 100.000 euros financiadas na súa totalidade pola Consellería de Industria con cargo ao Plan de Industria e Comercio, a execución das obras ten un prazo aproximado dun mes e permitirá mellorar os accesos a este centro no que se centralizarán boa parte das actividades deportivas destinadas aos veciños de Tordoia Os traballos inclúen a execución de beirarrúas de aglomerado cun ancho de dous metros entre a rúa de San Isidro e o acceso principal do edificio, que xa está rematado. Actualmente as beirarrúas circundan a parcela de 4.000 metros cadrados na que está situado o centro. Estas obras inclúen, ademais, a execución do saneamento, recollida de pluviais e alumbrado público para que o acceso ao edificio poida facerse nas condicións adecuadas. Cabe lembrar neste sentido que, previamente, o Concello de Tordoia executara unha obra para o enterramento de todos os cables de alta tensión que existían no núcleo da Pontepedra e particularmente unha serie deles que atravesaban esta parcela, onde se situará tamén a futura Escola Infantil. En canto ao Centro Multiusos en si, as obras deste centro están xa finalizadas, cos seus correspondentes servizos e divisións anteriores. Ademais, a finais do ano pasado, o Concello obtivo por parte da Deputación Provincial unha dotación para adquirir o mobiliario, aínda que o Concello ten que asumir parte do custe, uns 17.000 euros. Unha vez rematada a dotación e os accesos, o Multiusos estará listo para entrar en funcionamento. Cunha superficie de case 500 metros cadrados e un investimento de máis de 475.000 euros, con cargo a fondos do Plan E, o centro disporá de ximnasio, Sala de Fitness, vestiarios e outros servizos. ... |
||
| Concello | 2012-04-26 | .: ampliar | ||
|
||
Algo máis dunha ducia de rapaces dábanse cita na Casa da Cultura de Tordoia o pasado venres para participar nun obradoiro de animación á lectura coa que o Concello de Tordoia celebraba o Día Internacional do Libro Infantil. Baixo o nome “As aventuras dun pardaliño chamado Piquiño Mouro”, de Francisco A. Vidal. A sesión serviulles aos rapaces para, partindo da narrración do conto “Piqueño Mouro”, os asistentes fagan variacións coa fin de crear un novo conto que ilustrararon cun debuxo. Con esta actividade preténdese, non só traballar o estímulo da lectura senón tamén traballar na creatividade dos máis pequenos ao tempo que se fomenta o respecot polo medio natural. Con actividades deste tipo, o Concello de Tordoia traballa a prol de potenciar os hábitos de lectura tanto entre a poboación infantil como xuvenil. ... |
||
| Concello | 2012-04-26 | .: ampliar | ||
|
||
Cudillero, Comillas, Santillana del Mar, Santander e San Vicente de la Barquera foron algunhas das visitas de parada obrigatoria polas que trascurriu a viaxe a Cantabria promovida polo Concello de Tordoia para os veciños de todas as idades. Un total de 45 persoas déronse cita a pasada fin de semana para facer esta viaxe en autobús na que, aínda que non acompañou excesivamente o tempo, sí tiveron oportunidade de coñecer as excelentes paisaxes e gastronomía que caracterizan esta comunidade do norte peninsular. A viaxe tamén incluiu unha noite de aloxamento nun hotel, pensión completa e seguro de viaxe, polo que para moitas persoas foi “unha excelente oportunidade para facer unha saída e romper coa rutina do día a día, pasando un par de días diferentes, dun xeito ameno e divertido”, explicou a concelleira de benestar social, Manuela González. |
||
| Concello | 2012-04-26 | .: ampliar | ||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Seguinte »
| AXENDA LOCAL PARA O MES DE MAIO |